Saltar ao contido principal

Publicacións

Ecoloxía espacial

Novamente, o noso Club de Ciencia saca partido ao Espazo Maker, esta vez dentro do proxecto científico preparado para a súa participación na First Lego League. A temática elixida é a ecoloxía espacial e para ilustrar o seu proxecto, decidiron construír unha maqueta dun compostador que puidera traballar nas condicións que se darían nunha viaxe espacial. Como podedes ver nas seguintes fotografías, non lle falta detalle ao compostador que construíron:

Son do Sofía

Dende o coro do noso centro propuxéronos ao Espazo Maker poder colaborar con eles na creación de pequenos materias para a súa financiación. E velaquí unha das primeiras ideas levadas a cabo, uns chaveiros co logo do coro:

Nomeando aulas de informática

Dende o Club de Ciencia do noso centro estase a levar a cabo unha marabillosa iniciativa para nomear as nosas aulas de informática cos nomes de informáticas relevantes. O seu grupo de traballo de Impresión 3D está xa traballando nos primeiros deseños e o Espazo Maker, polo tanto, xa recibe as primeiras visitas para realizar diversos prototipos como o da seguinte fotografía:

Quen somos?

O Espazo Maker do IES Sofía Casanova nace coa vocación de permitir ao alumnado complementar a súa aprendizaxe activa a través da ideación, construción ou fabricación de diversas creacións para aprender o seu funcionamento a un nivel profundo. Un dos aspectos máis relevantes neste proxecto será a creación dunha comunidade de persoas con ganas de aprender, explorar e compartir estas experiencias con outras persoas, polo que a participación da totalidade da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familia) así como de diversas entidades do entorno do centro farase indispensable e será o eixo que garanta o éxito da proposta. Polo tanto, benvidas e benvidos ao noso Espazo Maker! Normas do Espazo Maker Solicitude e presentación de proxectos Calendario