Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

Carcasa para Raspberry Pi personalizada

Dende o departamento de tecnoloxía achegáronse ao Espazo Maker para imprimir un novo prototipo. Neste caso trátase dunha carcasa personalizada para as Raspberry Pi do instituto e este foi o resultado final:

Tecnoloxía Industrial I e Arduino

Durante as últimas semanas de curso o alumnado de 1º Bach. da materia de Tecnoloxía Industrial I achegouse ao Espazo Maker para traballar con Arduino e a súa programación. Como regalo, deixáronos a seguinte creación:

Escape Room PMAR

Como broche final da materia de Ámbito científico e matemático do grupo de 3º ESO D de PMAR, preparouse, coa colaboración do Espazo Maker, un escape room no que o alumnado puido poñer a proba todo o aprendido durante este curso:

PMAR

O alumnado de PMAR de 3º ESO D estivo a traballar esta semana na materia de Ámbito científico e matemático con ferramentas básicas de deseño 3D como o Tinkercad . Grazas ao uso desta aplicación e aos seus coñecementos de xeometría puideron deseñar os seus propios chaveiros. E non dubidaron en achegarse ao Espazo Maker para poder imprimir os prototipos dos seus deseños:

Escape Room

Dende o Club de Ciencia do IES Sofía Casanova, organizouse un Escape Room como actividade final para o alumnado, empregándose o Espazo Maker para a elaboración de parte do material necesario. Aquí tendes algunhas imaxes da "Expedición a Venus", que como non podía ser doutro xeito, rematou co lonzamento do cohete.