Saltar ao contido principal

Quen somos?


O Espazo Maker do IES Sofía Casanova nace coa vocación de permitir ao alumnado complementar a súa aprendizaxe activa a través da ideación, construción ou fabricación de diversas creacións para aprender o seu funcionamento a un nivel profundo.

Un dos aspectos máis relevantes neste proxecto será a creación dunha comunidade de persoas con ganas de aprender, explorar e compartir estas experiencias con outras persoas, polo que a participación da totalidade da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familia) así como de diversas entidades do entorno do centro farase indispensable e será o eixo que garanta o éxito da proposta. Polo tanto, benvidas e benvidos ao noso Espazo Maker!


Comentarios