Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2019

Construción do Espazo Maker

Hoxe queriamos compartir a evolución do noso Espazo Maker ao longo deste curso. Poder construír e acondicionar un espazo para as necesidades dun proxecto coma este non é doado, pero grazas ao esforzo e á colaboración de profesorado e alumnado temos un lugar onde aprender facendo. Visto en perspectiva a través das seguintes fotografías aínda cobra máis importancia a labor lavada a cabo por todas e todos. Millóns de grazas a toda a xente que colaborou, a construción deste espazo é o maior proxecto maker levado a cabo este ano!!

Anatomía

Dous estudantes da materia de Anatomía de 1º Bacharelato decidiron achegarse ao Espazo Maker para realizar un traballo relacionado co funcionamento dos marcapasos. Entre a diversidade de material que levaron a cabo atópase un modelo 3D dun corazón, unha excéntrica conectada a un motor eléctrico que simula o movemento dun corazón ou a programación dunha placa de Arduino para que puidese emitir os mesmos impulsos que un marcapasos:

Teatro no Sofía

O pasado martes 28 de maio, o Grupo de Teatro do IES Sofía Casanova representou: Unha praza un banco e dous casorios,  baseada en sainetes de José Cedena, e baixo a dirección de José Luis Paz. Para complementar a filmación da súa obra, empregaron o equipamento audivisual do Espazo Maker. No seguinte vídeo podedes ver o resultado:

Hospital de Robots

Durante este curso académico o Espazo Maker colaborou co proxecto Hospital de Robots no que participa o noso centro. O noso Espazo foi empregado tanto polo Club de Ciencia como polo alumnado da materia de Robótica para levar a cabo deseños como algúns dos que podedes ver a continuación:

Escaneado 3D

O alumnado da materia TIC I de 1º Bacharelato realizou unha práctica complementaria ás de deseño 3D, na que empregaron o escáner 3D do Espazo Maker para experimentar outro xeito de acadar modelos en tres dimensións. Aquí tendes unha previsualización dalgúns dos modelos que conseguiron:

XXIV Día da ciencia na rúa

O 4 de maio tivo lugar o XXIV Día da ciencia na rúa en A Coruña. O Club de Ciencias do IES Sofía Casanova non perdeu a oportunidade de presentar algúns dos proxectos levados a cabo durante este curso, algúns deles elaborados coa colaboración do Espazo Maker como unhas curiosas ilusións ópticas en 3D, os robots do Hospital de Robots, etc.