Saltar ao contido principal

Publicacións

Samaín

Co gallo da celebración do Samaín, o equipo de dinamización lingüística achegouse ao espazo maker para crear coa impresora 3D uns orixinais marcapáxinas para premiar a todo o alumnado participante nas actividades da festividade (concurso literario, decoración de cabazas…).  Para todo aquel que queira sumarse á moda e facer o seu propio marcapáxinas inspirado no Samaín, pode atopar o arquivo do deseño na seguinte ligazón: https://www.thingiverse.com/thing:1082544

Prototipo da EPS

Durante o mes de outubro os alumnos de 1º de bacharelato de Tecnoloxía Industrial e os alumnos de 2º de bacharelato de Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial estiveron a construír no Espazo Maker uns prototipos dun trebuchet para concursar na Escola Politécnica Superior de Ferrol xunto aos alumnos da universidade.  Os alumnos fixeron uso tanto de ferramentas e máquinas de taller como da máquina de coser ou a impresora 3D      Os resultados foron moi bos. Os alumnos deixaron ao centro nun bo lugar. Parabéns!!

Carcasa para Raspberry Pi personalizada

Dende o departamento de tecnoloxía achegáronse ao Espazo Maker para imprimir un novo prototipo. Neste caso trátase dunha carcasa personalizada para as Raspberry Pi do instituto e este foi o resultado final:

Tecnoloxía Industrial I e Arduino

Durante as últimas semanas de curso o alumnado de 1º Bach. da materia de Tecnoloxía Industrial I achegouse ao Espazo Maker para traballar con Arduino e a súa programación. Como regalo, deixáronos a seguinte creación:

Escape Room PMAR

Como broche final da materia de Ámbito científico e matemático do grupo de 3º ESO D de PMAR, preparouse, coa colaboración do Espazo Maker, un escape room no que o alumnado puido poñer a proba todo o aprendido durante este curso:

PMAR

O alumnado de PMAR de 3º ESO D estivo a traballar esta semana na materia de Ámbito científico e matemático con ferramentas básicas de deseño 3D como o Tinkercad . Grazas ao uso desta aplicación e aos seus coñecementos de xeometría puideron deseñar os seus propios chaveiros. E non dubidaron en achegarse ao Espazo Maker para poder imprimir os prototipos dos seus deseños:

Escape Room

Dende o Club de Ciencia do IES Sofía Casanova, organizouse un Escape Room como actividade final para o alumnado, empregándose o Espazo Maker para a elaboración de parte do material necesario. Aquí tendes algunhas imaxes da "Expedición a Venus", que como non podía ser doutro xeito, rematou co lonzamento do cohete.

Construción do Espazo Maker

Hoxe queriamos compartir a evolución do noso Espazo Maker ao longo deste curso. Poder construír e acondicionar un espazo para as necesidades dun proxecto coma este non é doado, pero grazas ao esforzo e á colaboración de profesorado e alumnado temos un lugar onde aprender facendo. Visto en perspectiva a través das seguintes fotografías aínda cobra máis importancia a labor lavada a cabo por todas e todos. Millóns de grazas a toda a xente que colaborou, a construción deste espazo é o maior proxecto maker levado a cabo este ano!!

Anatomía

Dous estudantes da materia de Anatomía de 1º Bacharelato decidiron achegarse ao Espazo Maker para realizar un traballo relacionado co funcionamento dos marcapasos. Entre a diversidade de material que levaron a cabo atópase un modelo 3D dun corazón, unha excéntrica conectada a un motor eléctrico que simula o movemento dun corazón ou a programación dunha placa de Arduino para que puidese emitir os mesmos impulsos que un marcapasos:

Teatro no Sofía

O pasado martes 28 de maio, o Grupo de Teatro do IES Sofía Casanova representou: Unha praza un banco e dous casorios,  baseada en sainetes de José Cedena, e baixo a dirección de José Luis Paz. Para complementar a filmación da súa obra, empregaron o equipamento audivisual do Espazo Maker. No seguinte vídeo podedes ver o resultado: