Saltar ao contido principal

Publicacións

Construción do Espazo Maker

Hoxe queriamos compartir a evolución do noso Espazo Maker ao longo deste curso. Poder construír e acondicionar un espazo para as necesidades dun proxecto coma este non é doado, pero grazas ao esforzo e á colaboración de profesorado e alumnado temos un lugar onde aprender facendo. Visto en perspectiva a través das seguintes fotografías aínda cobra máis importancia a labor lavada a cabo por todas e todos. Millóns de grazas a toda a xente que colaborou, a construción deste espazo é o maior proxecto maker levado a cabo este ano!!

Anatomía

Dous estudantes da materia de Anatomía de 1º Bacharelato decidiron achegarse ao Espazo Maker para realizar un traballo relacionado co funcionamento dos marcapasos. Entre a diversidade de material que levaron a cabo atópase un modelo 3D dun corazón, unha excéntrica conectada a un motor eléctrico que simula o movemento dun corazón ou a programación dunha placa de Arduino para que puidese emitir os mesmos impulsos que un marcapasos:

Teatro no Sofía

O pasado martes 28 de maio, o Grupo de Teatro do IES Sofía Casanova representou: Unha praza un banco e dous casorios,  baseada en sainetes de José Cedena, e baixo a dirección de José Luis Paz. Para complementar a filmación da súa obra, empregaron o equipamento audivisual do Espazo Maker. No seguinte vídeo podedes ver o resultado:

Hospital de Robots

Durante este curso académico o Espazo Maker colaborou co proxecto Hospital de Robots no que participa o noso centro. O noso Espazo foi empregado tanto polo Club de Ciencia como polo alumnado da materia de Robótica para levar a cabo deseños como algúns dos que podedes ver a continuación:

Escaneado 3D

O alumnado da materia TIC I de 1º Bacharelato realizou unha práctica complementaria ás de deseño 3D, na que empregaron o escáner 3D do Espazo Maker para experimentar outro xeito de acadar modelos en tres dimensións. Aquí tendes unha previsualización dalgúns dos modelos que conseguiron:

XXIV Día da ciencia na rúa

O 4 de maio tivo lugar o XXIV Día da ciencia na rúa en A Coruña. O Club de Ciencias do IES Sofía Casanova non perdeu a oportunidade de presentar algúns dos proxectos levados a cabo durante este curso, algúns deles elaborados coa colaboración do Espazo Maker como unhas curiosas ilusións ópticas en 3D, os robots do Hospital de Robots, etc.

Formación do profesorado

No marco do PFPP do IES Sofía Casanova, que incorpora unha liña de Espazos Maker, tivo lugar o 10 de abril, no Espazo Maker, un curso de Impresión e Deseño 3D impartido por Aithor Regueiro, profesor do Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación da UDC, ao que asistiu profesorado de diversos departamentos do noso centro.

Engrenaxes

No marco da materia de Tecnoloxía Industrial I de 1º Bacharelato, un grupo de alumnas e alumnos construiron este modelo de engrenaxes que permite xogar con diferentes combinacións e apreciar os efectos na transmisión do movemento que se producen. O arquivo orixinal do deseño 3D atopárono na web thingiverse e podédelo atopar neste enlace . Este foi o seu resultado final:

Ecoloxía espacial

Novamente, o noso Club de Ciencia saca partido ao Espazo Maker, esta vez dentro do proxecto científico preparado para a súa participación na First Lego League. A temática elixida é a ecoloxía espacial e para ilustrar o seu proxecto, decidiron construír unha maqueta dun compostador que puidera traballar nas condicións que se darían nunha viaxe espacial. Como podedes ver nas seguintes fotografías, non lle falta detalle ao compostador que construíron:

Son do Sofía

Dende o coro do noso centro propuxéronos ao Espazo Maker poder colaborar con eles na creación de pequenos materias para a súa financiación. E velaquí unha das primeiras ideas levadas a cabo, uns chaveiros co logo do coro: